Despraza cara abaixo para descubrir a verdadeira causa da crise e o que podemos facer para lle facer fronte
A economía da Unión Europea baseada no crecemento continuo está a provocar o esgotamento dos recursos finitos da Terra. Isto está a xerar un dobre esgotamento: o da xente e o do planeta.
O sistema actual extrae, producea, consome e desperdicia máis ca nunca. E dun xeito moi rápido, moito máis que a capacidade de rexeneración que teñen os recursos da Terra e a natureza.
Non só estamos a falar do consumo individual como a roupa e teléfonos móbiles, senón de toda a sociedade: infraestruturas de transporte, edificios, sistemas de enerxía, cadeas de abastecemento, armamento, etc. En España cada ano desperdícianse case un millón de toneladas de roupa e material téxtil en vertedoiros.
A extracción e o procesamento de materias, combustibles e comida representan arredor da metade de todas as emisións climáticas. Son responsables de máis do 90 % da perda de biodiversidade e a falta de auga potable.
O consumo non se distribúe equitativamente. Os 1,2 mil millóns de persoas máis pobres son responsables tan só dun 1 % do consumo mundial, mentres que os mil millóns máis ricos consomen o 72 %. Ao mesmo tempo, a desigualdade aumenta sen freo. Desde o inicio da COVID-19, os 23 principais milmillonarios españois aumentaron a súa fortuna un 29 %, mentres que só no primeiro ano de pandemia un millón de persoas entraron en situación de carencia material severa no país.
A pegada material de Europa, a cantidade total de combustibles fósiles, biomasa, metais e minerais utilizados, incluído en importacións, duplica o límite que podería considerarse sostible. España tamén superou este límite e rozaría o dobre segundo as estimacións máis cautelosas.
A xente e os países que menos consomen son os que sofren os peores impactos da crise climática, principalmente as mulleres, os pobos indíxenas e outros colectivos vulnerables. Por exemplo, preto do 90 % das mortes relacionadas coa contaminación atmosférica acontecen en países con salarios baixos e medios, moitas delas debido ás actividades industriais que alimentan o sobreconsumo de Occidente.
E, por riba, esta sociedade de consumo nin sequera fai a xente máis feliz.
Os responsables da Unión Europea e de España tentan solucionar os problemas que causou o sobreconsumo con máis sobreconsumo de materiais e recursos.
Existe unha crecente retórica política e industrial sobre «unha economía verde» e «unha economía circular», especialmente no tan promocionado Pacto Verde Europeo e na súa implementación española (por exemplo, o Plan de Acción para unha Economía Circular). Namentres, o sobreconsumo, e o consecuente dano ás persoas e o planeta, continúa sen resolver.
Manter este sobreconsumo e, por tanto, un elevado uso de recursos estannos a levar a substituír a dependencia dos combustibles fósiles pola dependencia de materias primas críticas. Cómpre reducir o consumo, non simplemente substituír unhas fontes de enerxía por outras. Por exemplo, as baterías para vehículos eléctricos e o almacenamento de enerxía levaríanos a utilizar na UE case 60 veces máis de litio e 15 veces máis de cobalto para 2050. Isto xera ademais un gran problema de residuos. En España, tan só en 2019, xeráronse 888 millóns de quilos de residuos electrónicos, 19 quilos por persoa.
A UE declara que reduciu as emisións de carbono. Porén, se contásemos as emisións integradas nas importacións, non habería unha redución total. A nivel local, o turismo xera un sobreconsumo desorbitado, por exemplo en Baleares consome o 25 % do total de auga da billa.
Ao mesmo tempo, a industria publicitaria da UE gasta máis de 100 mil millóns de euros cada ano, e xera falsas necesidades provocando máis consumismo.
O sobreconsumo aliméntase, esencialmente, dunha obsesión sistemática polo crecemento.
O noso sistema económico actual busca o continuo crecemento, e afúndese sen a produción continua. Aliméntase do beneficio, extracción, produción e consumo sen fin, dando lugar á destrución do medio ambiente e desigualdade social.
Manter as nosas economías actuais deste xeito é unha dura esixencia para o planeta Terra, e vólvese potencialmente máis pesada cada ano. O crecemento do 3 % do PIB actual é o equivalente a sumar toda a economía mundial desde 1970.
A ciencia dinos que non seremos capaces de separar o crecemento económico dos impactos medioambientais e o consumo de recursos. Precisamos un reinicio fundamental da economía e deixar atrás esta obsesión polo crecemento.
A crise climática, e outras crises ecolóxicas e sociais, só poden afrontarse ao abordar o sobreconsumo e a transición a un novo modelo económico que non dependa do continuo crecemento económico.
Precisamos reducir a produción e o consumo, precisamos decrecer, e isto implica a redistribución dos recursos. Para reducir a pobreza é esencial reducir a riqueza, só así lograremos un reparto xusto e equitativo de recursos naturais que cubra as necesidades da poboación.
O Goberno de España debe impulsar a adopción de solucións sistemáticas a nivel estatal e da UE a través de políticas e medidas concretas que:
Tratar o sobreconsumo da UE é o único xeito de avanzar. No entanto, só se conseguirá o benestar de todas as persoas e do planeta se a UE e os Estados membros reorientan urxentemente o seu sistema económico cara a unha economía baseada na xustiza social que contemple os límites do planeta.
Contacta:
info@amigosdaterra.net | amigosdaterra.net | 988 37 43 18
Amigos de la Tierra, European Environmental Bureau and the European Youth Forum agradecen la financiación de la Comisión Europea (LIFE Programme, Erasmus+ Programme), el Consejo Europeo y el Ministerio para la Transición Ecológica y Reto Demográfico de España. Los contenidos de esta web son responsabilidad exclusiva de Amigos de la Tierra, European Environmental Bureau y European Youth Forum, y no pueden considerarse un reflejo de la opinión de los financiadores. Los financiadores no son responsables del uso que se le de al contenido de esta microsite.
Co apoio de
Special Thanks to VisualityEU for the design and conception of the campaign.